As medidas tomadas pola autoridade sanitaria ante a crise do Covid-19 no noso municipio obrigáronnos a dar un paso inesperado nos nosos talleres e escola familiar o pasado sábado 31 de outubro e transferilas ao modo en liña. Non obstante, esta decisión foi momentánea debido á incerteza do momento. Hoxe 3 de novembro temos o visto bo do Concello para continuar a vindeira fin de semana con obradoiros presenciais.
Deixámosvos unhas imaxes desta fabulosa xornada na que a pesar do pouco tempo de organizaciòn o noso equipo realizou unha tarefa impecable e os obradoiros foron «terrorificamente» divertidos.