Nós

Acerca de nós

Áurega é unha asociación sen ánimo de lucro de familias de nenos e nenas con altas capacidades, talentos e/ou inquietudes intelectuais.

Nace a finais do ano 2018, debido ao esforzo dun grupo de familias,
conscientes da necesidade de visibilizar as altas capacidades e da falta de
atención e recursos para este colectivo na comarca

 

Creemos que existe unha necesidade de información ás familias, dende a sospeita ata a recepción da evaluación dos seus nenos/as, e somos conscientes de que é imprescindible o apoio e asesoramentopara entender as especiais características deste grupo e axudar a que os demais (familia, amigos, comunidade educativa e sociedade) os entendan. É fundamental deixar claro que a detección das altas capacidades non é unha moda e que pode ser determinante á hora de entrentarnos a certos problemas de estes nenos e nenas. 

Según o informe Nacional da educación dos superdotados 2018, existe unha infravaloración as altas capacidades. A pesar de que estímase que aproximadamente o 2% da poboación podería ter altas capacidades, según o citado informe, en Galicia, hoxe en día, só está confirmado un 039%. Por iso, consideramos que é moi importante protocolizar a intervención do servicio de orientación nos centros educativos. Se houbese mais alumnado evaluado é probable que se normalizara a súa situación na escola e que o profesorado poidese colaborar xunto con orientadores e familias na inclusión deste grupo nos colexios e institutos de educación secundaria. 

Pensamos que darlle visibilidade a este tipo de diversidade pode ser útil para acabar con determinados prexuicios, posibilitaría traballar as diferencias e axudaría a os nosos fillos e fillas a aceptarse e a que os acepten. Existe en elevado porcentaxe de acoso escolar entre estes fillos, así como de fracado escolar ou baixo rendemento académico.

Dende Áurega pretendemos ofrecer ás familias información e axuda, antes e despois da detección das altas capacidades, así como darlles ferramentas para sentirse útiles na educación dos seus nenos/as. Todo elo queremos facelo mediante a realización de escolas de familias e con talleres especiais que motiven a este nenos e nenas, intenando contar co apoio de especialistas e da comunidades educativa.

Scroll to top
gl_ESGalego