Actividades 20-21

Onte, 21 de novembro, os nenos e nenas de Áurega dos grupos 1, 2, 3 e 4 tiveron talleres de enriquecemento onde comezaron coa construción dun xoguete electrónico onde os circuitos e as soldaduras foron os grandes protagonistas ademais de escoller o tema final do seu proxecto; mentres as familias dos grupos 1 e 2 gozaron dun día na escola de familia onde traballamos sobre como xestionar as emocións e a resolución de conflictos. A escola de familia está a ser un gran éxito debido á gran participación dos nosos socios e socias.
A vindeira fin de semana será a quenda dos grupos 5, 6, 7 e 8 e na escola familiar os grupos 7 e 8.
 

O pasado Mércores 11 tivemos un novo Webinario da man do Centro Ayalga – Gabinete de psicología onde falamos de como entender un pouco esos informes que reciben as familias cando deciden avaliar os seus nen@s. Nesta xornada aclaramos moitas dúbidas  grazas  a Félix Ruiz e José Luis. Todas as nosas actividades incluidas este webinario son grazas á colaboración do Concello de Narón e da Deputación Provincial da Coruña,

 

 

 

As medidas tomadas pola autoridade sanitaria ante a crise do Covid-19 no noso municipio obrigáronnos a dar un paso inesperado nos nosos talleres e escola familiar o pasado sábado 31 de outubro e transferilas ao modo en liña. Non obstante, esta decisión foi momentánea debido á incerteza do momento. Hoxe 3 de novembro temos o visto bo do Concello para continuar a vindeira fin de semana con obradoiros presenciais.

 Deixámosvos unhas imaxes desta fabulosa xornada na que a pesar do pouco tempo de organizaciòn o noso equipo realizou unha tarefa impecable e os obradoiros foron «terrorificamente» divertidos.

 

O pasado sábado 17 de Outubro os pais e nais dos grupos 5 y 6 tiveron a súa primeira Escola de Familias. Foi unha xonrada moi amena dirixida por Andrea Bechlian.  

 

 

Hoxe día de 10 de Outubro  comezaron os nosos talleres de enriquecemento da mano da Escola multidisciplinar Gazapo. Comezamos cos grupos 1, 2, 3 e 4; por outra banda a Escola de Familias arranca coas familias dos grupos 1 e 2. Deixamosvos algunhas fotos da xornada do día de hoxe. 

Scroll to top
gl_ESGalego